A ORGANIZACIÓN
Quen somos?
O 30 de novembro do ano 1989, constitúese a Asociación Galega de Técnicos de Laboratorio (AGTL) cuxo ámbito profesional limítase a Técnicos Especialistas en Análisis Clínicos e Técnicos Especialistas en Anatomía Patolóxica.
A Asociación Galega defendeu aos Técnicos Especialistas nas súas orixes, así como, aos Técnicos Superiores na actualidade, en todas as situacións onde se nos reclamou, como exemplo, a sentenza gañada sobre o Banco de Sangue do Hospital da Coruña, que obrigou á administración para crear as prazas necesarias no laboratorio de Banco de Sangue para os Técnicos Superiores, máis de 20 prazas.
A Asociación Galega estivo representando aos TSS Galegos tanto no ámbito autonómico como no estatal xunto con outras organizacións amigas de Técnicos Superiores, buscando sempre o desenvolvemento profesional pleno da nosa profesión, a publicación como categorías estatutarias de todas as especialidades de TSS, así como, a mellora formativa que os TSS necesitan para a equiparación aos nosos homólogos europeos, pero sobre todo, para poder exercer a nosa profesión coa calidade e profesionalidade que os nosos pacientes deben de recibir e nós estamos obrigados a prestar.
No ano 2019, por aprobación na Asamblea Xeral Extraordinaria do 10 de maio, consolídase o cambio que se estaba aplicando dende hai uns anos e modifícase a denominación da AGTL pola de
Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia ( Atessga), ampliando o ámbito profesional estatutario a todas as especialidades de grao superior sanitario recollidas na Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias:
- Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
- Técnico Superior en Audioloxía Protésica.
- Técnico Superior en Dietética.
- Técnico Superior en Documentación e administración Sanitarias.
- Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.
- Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico.
- Técnico Superior en Ortoprótesis e Produtos de Apoio.
- Técnico Superior en Saúde Ambiental.
- Técnico Superior en Radioterapia e Dosimetría.
Atessga é unha asociación cuxo ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia e ten por finalidade a defensa dos intereses profesionais, formativos e científico-técnicos dos Técnicos Superiores Sanitarios.
Atessga somos o que somos grazas ás achegas dos nosos socios e socias, e por suposto ao noso traballo, non dependemos economicamente de ningún organismo ou entidade pública ou privada, isto permítenos actuar con total independencia e autonomía na defensa do colectivo de Técnicos Superiores Sanitarios.
Atessga é unha asociación profesional sen ánimo de lucro.
Obxetivos
- A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados.
- Fomentar e defender os intereses dos TSS, tanto individual como colectivamente.
- Equiparación da formación dos Técnicos Superiores aos nosos homólogos europeos (titulación de Grao).
- Regularización da figura do coordinador técnico de Xestión.
- Elevar o nivel científico-técnico e profesional mediante programas de formación.
- Fomentar a difusión e intercambio de coñecemento mediante a realización de xornadas profesionais ou científicas.
- Colaboración e Cooperación con Organizacións homólogas.
- Creación do Colexio Profesional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Qué ofrece Atessga?
Para a túa seguridade no traballo
- Seguro de responsabilidade civil (coa aseguradora A.M.A.)
- Protección xurídica.
- Asesoramento Fiscal, Laboral, Civil e Xurídico (Coa Asesoría FH Asesores)
Para estar informado
- Información Instantánea vía SMS e correo electrónico (bolsas de emprego, convocatorias de oposicións e concursos de traslado).
- Boletíns informativos.
- Revista profesional/científica.
Para estar formado
- Actividades formativas ( online, a distancia e presenciais).
- Plataforma de formación propia.
- Convenios de colaboración con entidades formativas de primeira orde.
Para crecer profesionalmente
- Xornadas (científicas e profesionais) con periodicidade bianual.
- Simposios por Especialidade.
- Congresos Nacionais.
Xunta directiva
A Xunta Directiva rexe, administra e representa á asociación, executando e dando cumprimento aos acordos da Asemblea Xeral. Desenvolve as actuacións económicas, administrativas, xudiciais e todas aquelas que considere necesarias para a consecución dos fins e obxectivos da asociación, respondendo da súa xestión ante a Asemblea Xeral.
A actual Xunta Directiva foi elixida por acordo da Asemblea Xeral de Socios do día 30 de xuño de 2023, e está composta por un equipo que mestura a experiencia coa mocidade, buscando unha renovación e actualización total da asociación, sendo unha garantía, tanto no desenvolvemento da nosa profesión, como na representación e o asesoramento eficaz para os Técnicos Superiores Sanitarios.
JUAN R. PÉREZ GÓMEZ
PRESIDENTE
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
CHU A Coruña
presidencia@atessga.org
MARÍA LUISA LÓPEZ VEGA
VICEPRESIDENTA / RESPONSABLE EVENTOS
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
CHU Ourense
vicepresidencia@atessga.org
JOSÉ M. VALCÁRCEL RIVEIRO
SECRETARIO / RELACIONS INSTITUCIONAIS
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
Instituto Medicina Legal Galicia (IMELGA)
secretaria@atessga.org
YOLANDA RICO RODRÍGUEZ
VOGAL / REDACTORA REVISTA
TS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
CHU Santiago
redaccion@atessga.org
JOSÉ JÁCOME VARELA
TESOREIRO
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
CHU Santiago
tesoreria@atessga.org
EVA SEQUEIROS TRONCOSO
VOGAL / RELACIONS LABORAIS
TS Radioterapia e Dosimetría
CHU Santiago
radioterapia@atessga.org
CAROLINA GÓMEZ DE MARÍA
VOGAL / RESPONSABLE FORMACIÓN
TS en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
CHU Vigo / Biobanco
formacion@atessga.org
SARA MANZANO MARTÍN
VOGAL
TS en Radioterapia e Dosimetría
HU Lucus Augusti
LOURDES LISTE TIZÓN
VOGAL / RELACIÓNS LABORAIS
TS en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
CHU Vigo / Biobanco
asesoria@atessga.org
LAURA GARCÍA BERNÁRDEZ
VOGAL
TS en Radioterapia e Dosimetría
CHU Santiago
santiago@atessga.org
RICARDO MORADO ÁLVAREZ
VOGAL / RELACIÓNS INSTITUCIONAIS / COLEXIO PROFESIONAL
TS Dietética
CHU A Coruña
relacionesinstitucionales@atessga.org
colegioprofesional@atessga.org
MARÍA FRAGUELA FERNÁNDEZ
VOGAL / DELEGADA LUGO
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
HU Lucus Augusti
lugo@atessga.org
ALFONSO FERNÁNDEZ COSTAS
VOGAL / REDES SOCIAIS
TS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
TS Imaxen para o Diagnóstico e MN
CHU Vigo / H Álvaro Cunqueiro
vigo@atessga.org
SUSANA LÓPEZ FERNÁNDEZ
VOGAL / DELEGADA FERROL
TS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
CHU Ferrol
ferrol@atessga.org
JAVIER FERNÁNDEZ ANEIROS
VOGAL / DELEGADO ADOS
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
Axencia de Doazón de Sangue e Tecidos (ADOS)
ados@atessga.org
PATRICIA DOMÍNGUEZ ARÍSTEGUI
VOGAL
TS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
CHU Vigo / Álvaro Cunqueiro
MARCOS FERNÁNDEZ NOVOA
VOGAL AUDIOLOXÍA PROTÉSICA
TS Audioloxía Protésica
audioprotesis@atessga.org
NATALIA MÍGUEZ LÓPEZ
VOGAL DIETÉTICA
TS Dietética
dietetica@atessga.org
ISABEL FONTÁN GREGORIO
VOGAL / ADXUNTA SECRETARÍA
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
CHU Pontevedra
ROCÍO QUIROGA RIELO
VOGAL / DELEGADA LUGO
TS Laboratorio Clínico e Biomédico
CHU Lucus Augusti
lugo@atessga.org
CAROLINA GONZÁLEZ PÉREZ
VOGAL DOCUMENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIAS
TS Documentación e Administración Sanitarias
CHU Pontevedra
documentacion@atessga.org