CARTA O ILMO. SR. SECRETARIO DE ESTADO DE SANIDADE
31/10/2024
Documento enviado con motivo das declaracións realizadas polo Secretario de Estado de Sanidade na publicación sanitaria de "Diario Médico" o pasado 25 de setembro de 2024, en relación á creación da figura do "Administrativo Sanitario", medida que "quedará reflectida no próximo Plan de Acción de Atención Primaria".
NOTA INFORMATIVA GRUPO B ALEGACIONS LEI FUNCIÓN PÚBLICA
17/10/2024
Como consecuencia do coñecemento da elaboración do proxecto de Lei de Función Pública da
Administración Xeral do Estado, que nestes momentos está a debaterse no Congreso dos Deputados, e unha vez coñecido o texto do relatorio do mesmo, e ante as dúbidas xeradas ao non ver reflectidas no mesmo, todas as titulacións de Técnicos Superiores sanitarios correspondentes ás nosas Profesións, no grupo B do Estatuto Básico do Empregado Público – EBEP; a Comisión polo Grao universitario púxose en contacto cos diferentes grupos parlamentarios do Congreso de Deputados, para que teñan en conta as nosas observacións ao texto xeral da devandita Proposición de Lei.
COMUNICADO REUNIÓN GRUPO PARLAMENTARIO PP
17/10/2024
O día 1 de outubro de 2024, membros da Comisión polo título de Grao universitario, fomos recibidos pola portavoz do Grupo Popular na Comisión de Facenda e Función Pública: Dª María del Mar González Bela e polo seu asesor xurídico Vicente Pastor, para tratar as propostas de emendas que como Comisión de Grao fixémoslles chegar ao Proxecto de Lei da Función Pública da Administración do Estado, no contexto de reunións solicitadas a todos os Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados, por se o visen oportuno, telas en conta e ser presentadas por eles.
COMUNICADO REUNIÓN GRUPO PARLAMENTARIO PSOE
17/10/2024
O día 10 de outubro de 2024, membros da Comisión polo título de Grao universitario, mantivemos unha reunión mediante videoconferencia co portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Facenda e Función Pública: D. José Luis Aceves Galindo, para tratar as propostas de emendas que como Comisión de Grao fixémoslles chegar ao Proxecto de Lei da Función Pública da Administración do Estado, no contexto de reunións solicitadas a todos os Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados, por se visen oportuno, telas en conta e ser presentadas por eles.
COMUNICADO OFICIAL COMISIONS POLO GRADO
06/06/2023
Debido á situación creada pola convocatoria de eleccións xerais por parte do Presidente do Goberno, as Organizacións compoñentes das Comisións polo Grao Universitario, decidiron deixar en suspenso as mobilizacións previstas.
OS TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS IRÁN Á FOLGA NO OUTONO
24/05/2023
Reivindican a actualización a Grao Universitario das titulacións de Técnicos Superiores en Laboratorio Clínico e Biomédico e Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, por unha banda, e das de Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e Radioterapia e Dosimetría por outro.
Os Técnicos Superiores Sanitarios non aceptamos conclusións de análises nesgadas que impiden o paso a Grao Universitario por invasións competenciais con outros colectivos, cando son funcións, competencias e realizacións profesionais que hai décadas XA temos asignadas e forman parte do noso exercicio profesional.
REUNIÓN CON D. FÉLIX MARTÍN GÓMEZ, DIRECTOR DO INCUAL
10/04/2023
Fíxoselle mención expresa da deficiente formación base recibida polos nosos alumnos de F.P. de Grao Superior, e das barbaridades cometidas por certos Centros educativos. (sobre todo, a formación en liña)
REUNIÓN DA COMISIÓN POLO GRAO UNIVERSITARIO TSS COA CENTRAL SINDICAL CIG
03/03/2023
O día 1 de marzo de 2023, nos locais da CIG en Santiago de Compostela, tivo lugar unha
reunión entre os representantes da Comisión Interinstitucional polo Grao de Imaxe Médica e
Radioterapia, Laboratorio Biomédico e Anatomía Patolóxica, coa Central Intersindical Galega (CIG)
por ter presenza, esta última, no ámbito de negociación do Ministerio ao tratarse duns dos
sindicatos máis representativos a nivel do Estado.
COMUNICADO OFICIAL 9 XANEIRO 2023
10/01/2023
Ante a situación actual creada polo Ministerio de Sanidade e coa vontade de ofrecer unha máxima transparencia faise pública a contestación ás nosas demandas efectuada desde a Dirección Xeral de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidade.
Podedes ver os documentos na web da comisión polo grao (www.comisionporelgrado.org)
INFORMACIÓN PROCESO DE ESTABILIZACIÓN SERGAS
04/01/2023
Toda a información sobre a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, sobre as convocatorias dos procesos selectivos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
COMUNICADO OFICIAL COMISIÓN POLO GRADO
04/11/2022
Comunicado trala resposta recibida da Dirección Xeral de Ordenación Profesional.
COMUNICADO OFICIAL
08/09/2022
Tras a aprobación da PNL no Congreso de Deputados, o día 29 de Marzo de 2022, presentada polo Grupo Parlamentario Popular, polo que o Congreso de Deputados insta o Goberno a elaborar un plan de reordenación académica das actuais titulacións de Técnicos Superiores Sanitarios, orientadas ás novas necesidades tecnolóxicas requiridas polo S.N.S, e o posicionamento efectuado polo Ministerio de Sanidade mediante escrito, a través da súa Dirección Xeral de Ordenación Profesional, de data 14 de xullo de 2022, no que non se mostra ningún tipo de interese en facer cumprir dita PNL; e tras reunirnos en datas anteriores coa Directora Xeral Dª Celia Gómez González, o 5 de Maio, como así mesmo cos Portavoces de Sanidade, Educación, e Universidades do Grupo Parlamentario Socialista, de ambas as Cámaras, o día 8 de Xuño; os representantes da Comisión polo Grao Universitario de Laboratorio Biomédico, e de Imaxe para o diagnóstico e Radioterapia, mantivemos o día 5 de setembro, unha reunión coa representante da área de Sanidade e Asuntos Sociais do P.P: Dª Ana Pastor Julián, e con Dª Elvira Velasco Trasfogueiro.
CONTESTACIÓN A UNIDADE ENFERMEIRA SOBRE AS SÚAS MANIFESTACIÓNS POLAS TITULACIÓNS DE GRAO PARA TSS
22/07/2022
Os Técnicos Superiores Sanitarios desde as Comisións polo Grao Universitario realizamos as nosas reclamacións ante a Administración e Organismos implicados, e seguimos traballando para lograr o noso obxectivo, #ante o Ministerio de Sanidade e a Dirección Xeral de Ordenación Profesional e ante todas os organismos e institucións aos que haxa que acudir.
COMUNICADO OFICIAL
08/06/2022
No día de hoxe, 8 de xuño de 2022, a Comisión polo Grao Universitario de Laboratorio
Biomédico, e de Imaxe Médica e Radioterapia, foi convocada a unha reunión, a través do
senador D. Manuel Escarda Escarda, como coordinador do Grupo Parlamentario Socialista na
Alta Cámara.
A ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA OBVIA O MARCO XURÍDICO DAS PROFESIÓNS SANITARIAS REGULADAS AO APLICAR O PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS MEDIANTE A EXPERIENCIA LABORAL
24/05/2022
A política de “papeis para todos”, sen matices, non garante as condicións mínimas de formación para o exercicio profesional.
Os poderes públicos asumen e poñen en valor a existencia de traballadores que non contan co título habilitante.
COMPROMISO MINISTERIAL, A FIXAR POSICIONAMENTO OFICIAL SOBRE A NOSA RECONVERSIÓN EDUCATIVA A GRAO UNIVERSITARIO
05/05/2022
O encontro realizouse hoxe coa nova Directora Xeral de Ordenación Profesional e o Subdirector Xeral de Cohesión e Alta Inspección do Sistema Nacional de Saúde
As Comisións Interinstitucionais esixen a actualización a Grao Universitario das titulacións de Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico e de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, por unha banda; e das titulacións de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear e Radioterapia e Dosimetría, doutra banda
Conseguiuse un compromiso ministerial dun posicionamento claro e oficial do Ministerio sobre este asunto
APRÓBASE A PNL RELATIVA Á MELLORA DA FORMACIÓN E O RECOÑECEMENTO ACADÉMICO E PROFESIONAL DOS TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS ( TSS)
31/03/2022
A aprobación da PNL supón un paso máis cara á reconversión das titulacións de Técnico Superior nas ramas de Imaxe Médica e Radioterapia e de Laboratorio Biomédico e Anatomía Patolóxica en Grao.
O Congreso dos Deputados, a través da súa Comisión de Sanidade, insta o Goberno a iniciar esta transformación que debía de producirse décadas atrás e que, coa situación actual de encuadramiento na Formación Profesional de Grao Superior, mantén aos profesionais españois cunha formación totalmente insuficiente.