Síguenos en:
A COMISIÓN POLO GRADO NO PARLAMENTO EUROPEO
A Comisión Permanente das Comisións polo Grao universitario, desprazouse onte día 15 de Julio, a Bruxelas para manter unha serie de reunións con Eurodeputados dos Grupos Parlamentarios co fin de trasladarlles a situación actual dos Técnicos Superiores Sanitarios en España e facer visible a necesidade dun recoñecemento profesional acorde á nosa formación, responsabilidade e labor técnico-asistencial.
ATESSGA REXEITA A EXTERNALIZACIÓN DA CODIFICACIÓN DAS HISTORIAS CLÍNICAS DOS HOSPITAIS DA ÁREA SANITARIA DE LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS.
Esta licitación supón a privatización dunha actividade esencial para a sanidade pública e pon en risco a confidencialidade dos datos que figuran nas historias clínicas xa que o 70% do persoal da empresa que realice a codificación accederá desde fora da rede do SERGAS a toda a documentación clínica necesaria (informes médicos, histolóxicos, cirúrxicos, etc.).

BENVIDOS A NOSA WEB

A nosa páxina é unha ferramenta para tódolos Técnicos Superiores, aquí encontraredes formación continuada de calidade, as últimas noticias de interese no noso ámbito profesional e o soporte para o apoio e asesoramento que necesitedes no voso ámbito laboral e profesional.
MÁIS SOBRE NÓS

XUNTOS TODO ENCAIXA!!!

A Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia traballando por e para o Técnico Superior
CONTACTA CON NÓS
PROGRAMAS DE FORMACIÓN
Atessga no seu programa de formación, ofrece cursos e actividades orientados en fomentar a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes capaces de garantir a tódolos técnicos superiores sanitarios as suas actividades de maneira autónoma e competente. Tódolos cursos e actividades están acreditados pola Comisión de Formación Continuada (CFC) do sistema nacional de saúde, e están orientados a que sirvan para o recoñecemento da carreira profesional, como méritos en oposiciones ebolsas de traballo, en calquera comunidade autónoma.
MÁIS INFORMACIÓN
Programas de formación